O monxe, bispo e santo Froitoso e a obra Vita Sancti Fructuosi
Na obra Vita Sancti Fructuosi, do século VII —posiblemente escrita por San Valerio, discípulo do bispo— recóllese unha serie de fundacións monacais realizadas por San Froitoso no territorio da Gallaecia. Estas fundacións aparecen envoltas en lendas haxiográficas nas que interveñen animais como a cerva ou as grallas, probablemente inspiradas en relatos doutros textos haxiográficos europeos. En particular, abundan en Bretaña Armoricana, onde moitos destes espazos cristianizados con encontros entre cervos e monxes semellan corresponder a antigos nemeton (bosques sagrados), termo que aparece reflectido toponimicamente nos textos medievais bretóns nas formas nemet, nimet, neved ou nevet.
O cervo e o territorio sagrado
Segundo a tradición, San Éder delimita a súa propiedade monacal na Bretaña montado sobre un cervo.
O relato das grallas, pola súa banda, lembra o mito fundacional da cidade galorromana de Lugdunum, a actual Lyon.
A reinterpretación de Francisco de la Huerta y Vega
Francisco Xavier Manuel de la Huerta y Vega, na súa obra Anales del Reyno de Galicia (1733), reescribe o relato do encontro entre a cerva fuxitiva dos cazadores e o monxe Froitoso, recollido na Vita Sancti Fructuosi. Este autor sitúa a lenda nun espazo oculto do monte Castrove, concretamente no lugar onde se ergue o mosteiro da Armenteira.
¿Podería existir un nemeton nese lugar? É unha asociación suxestiva. Sábese que De la Huerta foi un sacerdote polémico, con importantes cargos eclesiásticos en Galicia. De onde tirou a localización desta lenda? Non lin directamente a obra de San Valerio e descoñezo se nela se menciona a Armenteira, mais resulta curioso como certos relatos haxiográficos da Galia celta medieval foron adaptados para explicar fundacións eclesiásticas na Gallaecia.
---
A lenda da cerva
Nun recuncho do territorio de Castrove, nunha paraxe solitaria que inspira respecto e devoción, tivo lugar o seguinte prodixio:
Cando San Froitoso viaxaba entre un e outro dos seus mosteiros, viu como uns cazadores perseguían unha cerva. O animal, acosado polos cans e esgotado, saíu das montañas e chegou a unha chaira. Ao ver o santo, lanzouse aos seus pés coma se lle pedise protección. Froitoso, compadecido, cubriuna co seu hábito e defendeuna dos cazadores, que, impresionados polo milagre, afastáronse cos cans.
A cerva, agradecida, volveuse mansa e non se separou máis do santo. Seguíalle a todas partes, durmía aos seus pés e, cando el se ausentaba do mosteiro, buscábao ata atopalo, balando tristemente se non o vía. Este prodixio continuo fixo que a súa fama se espallase entre os habitantes da comarca.
> (Ilustración: “San Patricio transfórmase en cervo ante o ataque dos druidas no bosque”, pintura do británico Briton Rivière, c. 1877.)
Un día, porén, un mozo malicioso aproveitou que San Froitoso estaba fóra do mosteiro para capturar a cerva mentres pastaba no bosque. Cando o santo regresou e non a viu, preguntou polos monxes, que lle contaron o sucedido. Entristecido, prostrouse en oración e invocou a xustiza divina. O mozo enfermou repentinamente cunha febre mortal, e, comprendendo a súa culpa, acudiu ao santo pedindo perdón. Froitoso, movido pola misericordia, rezou por el e curouno, restituíndolle tanto a saúde do corpo como a da alma.
(Tradución ao galego moderna baseada no texto de Francisco de la Huerta y Vega, 1733.)
---
Vestixios simbólicos
Nos arredores do mosteiro da Armenteira, no petroglifo do Outeiro do Cribo, aparecen gravados con figuras de cervos e un labirinto, quizais lembranza ancestral destes antigos cultos naturais transformados


Ningún comentario:
Publicar un comentario