luns, 12 de febreiro de 2024

A tribo dos Eleni e os petróglifos da provincia de Pontevedra

 “Un culto prehistórico ao cervo? O que nos revelan os petróglifos”


“Representación dun gran cervo astado nun petróglifo de Campo Lameiro”

 Estes petróglifos de carácter zoomórfico (segundo Cifras e imaxes: unha aproximación cuantitativa aos petroglifos galegos) concéntranse principalmente na zona suroeste da actual provincia de Pontevedra. Esta área cultural podería corresponder coa rexión denominada por Plinio o Vello como Eleni. A onomástica hispanorromana conserva testemuños de nomes como Elanus, Elaesus e Elasus, derivados da raíz indoeuropea eln-, elani, que significa “cervo”. Estes topónimos e antropónimos aparecen tamén entre astures e vacceos, con exemplos documentados na área de Álava e no territorio vetón, así como no epíteto dunha divindade galaica (G. López Monteagudo).

Copyright: © 2018 CSIC. Este es un artículo de acceso abierto distribuido bajo los términos de la licencia de uso y distribución “Creative Commons Reconocimiento 4.0 Internacional” (CC BY 4.0).Cifras e imágenes: una aproximación cuantitativa a los petroglifos gallegos 
 En laranxa, áreas con maior densidade de petróglifos zoomórficos (na súa maioría cervos)
Copyright: © 2018 CSIC. Este es un artículo de acceso abierto distribuido bajo los términos de la licencia de uso y distribución “Creative Commons Reconocimiento 4.0 Internacional” (CC BY 4.0).Cifras e imágenes: una aproximación cuantitativa a los petroglifos gallegos 


 As fontes antigas tamén mencionan o cervo branco que os lusitanos —tribo emparentada cos galaicos— ofreceron a Sertorio

A cerva branca agasallo dos lusitanos a Sertório 

 “Para Plinio resultou ser Helleni (Helenos, gregos),  os que eran Eleni (cf. en galés elaincerva”) de estirpe celta das costas do sur da Gallaecia (Estudios de Onomástica Gallega, Juan J. Moralejo, Biblioteca Filolóxica Galega | Instituto da Lingua Galega. Callaica Nómina)

“Mapa da Gallaecia deseñado por Tranoy coa posible localización dos Heleni descritos por Plinio”

 

domingo, 11 de febreiro de 2024

A TELLA EN POIO: simbolismo e memoria dunha árbore sagrada



O Campo da Tella: etimoloxía, simboloxía e tradicións culturais dun fitotopónimo 
 
   

Imaxe tirada do libro Mitoloxía de Galiza de Vítor Vaqueiro
Cruceiro da Santiña na subida ao Mosteiro
Imaxe tomada do libro Mitoloxía de Galiza de Vítor Vaqueiro



1. Introdución

Neste pequeno traballo de investigación procuro demostrar que o topónimo Campo da Tella, documentado en textos antigos referidos ao adro ou campiño do mosteiro de Poio, podería estar relacionado coa Tilia platyphyllos ou Tilia cordata —popularmente coñecidas como árbores da tila ou tileiros—, célebres polas súas propiedades calmantes e pola súa fonda presenza simbólica na tradición europea.

Non obstante, cómpre tamén considerar unha segunda hipótese etimolóxica: que o termo derive de tegula, a peza cerámica usada tradicionalmente para cubrir tellados.

Nas seguintes liñas preséntanse as fontes documentais, argumentos lingüísticos e paralelos culturais que poden axudar a esclarecer a orixe e o significado deste topónimo.


---

2. O Campo da Tella nos documentos históricos

As fontes mostran que o Campo da Tella era o espazo fronte ao mosteiro onde se celebraban eleccións, xuntas veciñais e actos relixiosos. A súa localización e función coinciden co patrón habitual dos antigos “concellos abertos” peninsulares.

Século XVI: o campo das eleccións

> “El Monasterio fica de posesión inmemorial a esta parte... de que cada día del Señor San Sebastián... los vezinos de la feligresía de San Juan del Poyo se juntan en la Yglesia del dcho monasterio a eligir tres personas... el que es elexido la reciba de su mano... en bista y en consentimiento de los juezes del coto y de la villa de Pontevedra...”




Séculos XVI–XVIII: procesións e usos litúrxicos

> “En el campo de la Tella, que es frontal de la puerta principal del dcho Monasterio, hestando juntos la mayor parte de los vezinos… usando de la possesión y antigua costumbre... tienen de nombrar procuradores generales...”




Libro único del merino del coto y su jurisdicción, 1570. PARES, CLERO-SECULAR_REGULAR, L.10319


O mesmo nome aparece noutros documentos:

> “En el campo de Tella, que es del coto de San Juan del Poyo... a diez días del mes de agosto... yo criv.o, ley y notifique las hordenanzas atrás conte.das...”



Tamén no século XVIII:

> “A las siete de la mañana vienen las imágenes de Combarro... Llegan al Campillo o Campo da Tella, y sale a recibirlas el cura con cruz alzada, ciriales y estandartes...”
(A.A.P., Libro de Actas, 1841)



O adro ou campo das igrexas era frecuentemente un espazo común de soterramentos e de reunión veciñal, onde o relixioso e o cívico se entrelazaban.


---

3. A árbore e a xunta: tradicións galegas e europeas

Do culto ás árbores ás árbores de concello

Aínda que xa no século VI San Martiño de Dumio, no seu De correctione rusticorum, denunciaba o culto ás árbores como práctica demoníaca —“acendían cirios na noite cabo de pedras, árbores, fontes e nas encrucilladas”—, o culto á árbore continuou vivo en Gallaecia, reinterpretado dentro do cristianismo.

Na diocese de Braga, en 1477, prohibíronse as “missas aos pés das árvores, nos campos ou nas praças”, mostra da persistencia destas prácticas ancestrais.

As chamadas Árbores de Concello convertéronse en auténticos centros neurálxicos da vida social: baixo a súa sombra elixíanse cargos, deliberábanse acordos veciñais e celebrábanse actos comunitarios.

Exemplos galegos e peninsulares

En Taboadelo (Ponte Caldelas), segundo Manuel Murguía, celebrábase a “xunta dos homes” baixo un carballo fronte ao adro parroquial.

En A Pobra do Deán, os veciños reuníanse “so a oliveira”.

En Zalla (Bizkaia), a documentación medieval menciona “el sitio de so el árbol y concejo público”.

O carballo de Gernika ou o teixo de Lekeitio son exemplos paradigmáticos desta tradición vasca.

En Castela, as olmas foron símbolo do concello aberto; baixo unha delas coroouse Fernando III en 1217.



---

4. O tilo na Península Ibérica

A Tilar de Meré (Asturias)

En Meré (Llanes) érguese unha vella tilar, plantada segundo a lenda por un veciño como penitencia por non asistir ás xuntas.
Alí, á súa sombra, celebrábanse as reunións comunais logo da misa, convocadas a toque de campá. O lugar servía tamén para resolver conflitos e decidir asuntos do ben común.

En Bulnes e Arenas de Cabrales, o tilo (tella na fala local) era igualmente o centro simbólico das asembleas veciñais (conceyu abiertu), como recolle Aurelio de Llano en 1923.

O tilo na toponimia asturiana

As especies tilia platyphyllos e tilia cordata reciben o nome popular de teyas, presente en numerosos topónimos como Teyeo ou La Texa, mostrando a persistencia lingüística da árbore no territorio.

O Ball de Benás (Aragón)

En Benasque (Huesca) celébrase o Ball dels Omes o día de San Marcial, ao pé dun tilo centenario.
A danza simboliza a renovación da comunidade e a sucesión dos mordomos. Curiosamente, o baile acompáñase do Himno de Riego, convertido aquí nun canto á liberdade e á tradición popular.


---

5. O tilo na simboloxía e mitoloxía europea

O tilo foi considerado sagrado en toda Europa Central e Oriental, símbolo de xustiza, verdade e comunidade.

O tilo da aldea e o “Thing” xermánico

Nos pobos xermánicos celebrábanse as asembleas (Thing) baixo un tilo —a chamada Gerichtslinde ou “árbore da xustiza”—.
Baixo a súa copa pronunciábanse os veredictos e tomábanse decisións colectivas, nun espazo sacro que unía natureza e lei.

O Tilo na Simboloxía do Cáucaso e Escita

A reverencia por esta árbore esténdese moito máis alá de Europa Occidental e Central:
 * Símbolo de Resiliencia Abjasia: Para o pobo abjasio, o tilo (especialmente os tres que crecen na pradeira de Lykhny) é un poderoso símbolo de fortaleza, resistencia e memoria histórica. Estes tilos foron testemuñas de levantamentos nacionais, reunións clave e a fundación do seu estado, e o seu dano é considerado un ataque ao espírito e á memoria do pobo.

 * Uso Místico Escita: Os escitas empregaban a corteza do tilo en rituais de adivinación, desentrañando tiras dela para predicir o futuro. Esta práctica era exclusiva dos enarei, sacerdotes hereditarios. Para os escitas, o tilo era un árbol místico que actuaba como enlace entre o mundo terreal e o espiritual, converténdose tamén nun símbolo do terceiro xénero.

Cristianización do símbolo

Moitos destes tilos foron posteriormente consagrados á Virxe María, como en Święta Lipka (Polonia), o “Santo Tilo”, importante santuario de peregrinación.

Na mitoloxía báltica, Laima, deusa do destino e da fertilidade, manifestábase a través desta árbore. En honor dela, o mes de xuño aínda recibe o nome de lipiec (“mes do tilo”) en polaco.
O tilo continúa presente en símbolos nacionais, como a moeda croata de 10 lipa.

Mitoloxía clásica

Na cultura grega, o tilo aparece no mito de Filira, transformada nesta árbore tras dar a luz ao centauro Quirón, e no de Filemón e Baucis, convertidos en carballo e tilo para vivir eternamente xuntos.

Na tradición xermánica, Sigfrido é ferido no seu único punto vulnerable, cuberto por unha folla de tilo, símbolo de humanidade e destino.


The dead of Siegfried 
—Hermann Hendrich (1924)
---

6. O valor etimolóxico e toponímico de “Tella

Segundo o Dicionario da Real Academia Galega, tella é:

Do latín tegula, “peza cerámica de cuberta”.
Referencia histórica da acepción tegula



X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular galego-castelán (publicado por entregas en El Pueblo Gallego)

TELLA sf. Tejo.

Neste caso, a cita amosa como tella tiña ou tivo tamén a acepción de teixo (a árbore), rexistrada nesa fonte de 1926.

En dicionários de fóra da comunidade recollen tella coma fitotopónimo 


A forma telha para árbore figura xa en obras lexicográficas portuguesas do século XVIII, como o Vocabulario Portuguez & Latino de Rafael Bluteau (1721), o que amosa a persistencia e antigüidade desta variante na tradición lusófona.
As denominacións do tilo no territorio asturiano e noutras linguas ibéricas

No territorio asturiano consérvanse numerosas variantes populares que designan a árbore do tilo (Tilia). Entre elas destacan teyón (tilo macho) e teya (tila femia), ambas recollidas no Diccionariu de la Llingua Asturiana (DALLA), onde se documentan na terceira e cuarta acepción de tella (“teya”):

> 3. Tilar, árbol del xéneru Tilia [de fueya arredondiao que da flores emplegaes pa facer fervinchos].
4. Madera de la tilar.



Tamén o Diccionario General de la Lengua Asturiana (DGLA) recolle a forma teya como variante galego-asturiana [Vc (Cruce)] e define:

> Tilia cordata [PSil]. Tilo (árbol) [Bulnes (Lln). Os. Am. Po. Ay. Ll (= tilar). Sm. Pzu. As. Cn (M). Oc. /Vc (Cruce)]. Cierto árbol [Lln]. Árbol hembra del tilo [Lln]. Madera del tilo [Sm].



Na documentación literaria atopamos testemuños adicionais:

> “Tilias, que en idioma asturiano se pronuncia Teya, y en castellano Tejas.” (Casal, 1760)
Teya. Llaman en Asturias a la tilia, y la hay silvestre en los montes.” (Sarmiento, Catálogo)



Segundo o Diccionario de los localismos de la Montaña de Riaño, rexístranse tamén as formas:

> Tila: en Sajambre, flor de la teya o tilo hembra.
Tilar: tilo, teya ou teyo.



No ámbito románico, tanto o catalán coma o castelán tamén conservan variantes derivadas de tilia. Así, no castelán aparecen formas como:
teja, teja negra, tejo, tejo blanco, tella, tila, tilar, tilia, tillera, tillo macho, tillón, tejori, tilo de hoja pequeña, tilo de monte, tilo silvestre, entre outras.

No catalán, documéntanse variantes afíns como:
farot, tell, tell bordo, tell de fulla petita, tella, tellera, tei, tilo, tila, tilia, tillol, tilloler, etc.

A documentación do mosteiro de Poio suxire que o Campo da Tella funcionaba como espazo comunal, litúrxico e de asemblea, o que reforza a hipótese dunha orixe arbórea e simbólica, máis que puramente material.

A presenza doutros topónimos semellantes —como A Telleira, Telledo ou Telleira Vella— mostra a posible coexistencia das dúas interpretacións: unha de tipo artesanal (ligada á tella de barro) e outra sacro-comunitaria (ligada ao tilo e á tradición da xunta baixo a árbore).

sobre a homonimia de tella
---

7. Conclusión

O estudo das fontes históricas, etimolóxicas e culturais permite propoñer que o topónimo Campo da Tella non se refire unicamente a un lugar físico fronte ao mosteiro de Poio, senón tamén a un espazo simbólico de reunión e de memoria comunitaria.

A árbore —posiblemente un tilo—, símbolo de paz, diálogo e xustiza, tería presidido as antigas xuntas veciñais, mantendo viva unha tradición que se remonta aos tempos precristiáns e que, a través da linguaxe e do costume, segue proxectando a súa sombra ata nós.


---

martes, 6 de febreiro de 2024

SAN FROITOSO E A CERVA DO CASTROVE

 


O monxe, bispo e santo Froitoso e a obra Vita Sancti Fructuosi


Na obra Vita Sancti Fructuosi, do século VII —posiblemente escrita por San Valerio, discípulo do bispo— recóllese unha serie de fundacións monacais realizadas por San Froitoso no territorio da Gallaecia. Estas fundacións aparecen envoltas en lendas haxiográficas nas que interveñen animais como a cerva ou as grallas, probablemente inspiradas en relatos doutros textos haxiográficos europeos. En particular, abundan en Bretaña Armoricana, onde moitos destes espazos cristianizados con encontros entre cervos e monxes semellan corresponder a antigos nemeton (bosques sagrados), termo que aparece reflectido toponimicamente nos textos medievais bretóns nas formas nemet, nimet, neved ou nevet.

O cervo e o territorio sagrado


Segundo a tradición, San Éder delimita a súa propiedade monacal na Bretaña montado sobre un cervo.

O relato das grallas, pola súa banda, lembra o mito fundacional da cidade galorromana de Lugdunum, a actual Lyon.


A reinterpretación de Francisco de la Huerta y Vega


Francisco Xavier Manuel de la Huerta y Vega, na súa obra Anales del Reyno de Galicia (1733), reescribe o relato do encontro entre a cerva fuxitiva dos cazadores e o monxe Froitoso, recollido na Vita Sancti Fructuosi. Este autor sitúa a lenda nun espazo oculto do monte Castrove, concretamente no lugar onde se ergue o mosteiro da Armenteira.


¿Podería existir un nemeton nese lugar? É unha asociación suxestiva. Sábese que De la Huerta foi un sacerdote polémico, con importantes cargos eclesiásticos en Galicia. De onde tirou a localización desta lenda? Non lin directamente a obra de San Valerio e descoñezo se nela se menciona a Armenteira, mais resulta curioso como certos relatos haxiográficos da Galia celta medieval foron adaptados para explicar fundacións eclesiásticas na Gallaecia.



---


A lenda da cerva


Nun recuncho do territorio de Castrove, nunha paraxe solitaria que inspira respecto e devoción, tivo lugar o seguinte prodixio:


Cando San Froitoso viaxaba entre un e outro dos seus mosteiros, viu como uns cazadores perseguían unha cerva. O animal, acosado polos cans e esgotado, saíu das montañas e chegou a unha chaira. Ao ver o santo, lanzouse aos seus pés coma se lle pedise protección. Froitoso, compadecido, cubriuna co seu hábito e defendeuna dos cazadores, que, impresionados polo milagre, afastáronse cos cans.


A cerva, agradecida, volveuse mansa e non se separou máis do santo. Seguíalle a todas partes, durmía aos seus pés e, cando el se ausentaba do mosteiro, buscábao ata atopalo, balando tristemente se non o vía. Este prodixio continuo fixo que a súa fama se espallase entre os habitantes da comarca.

> (Ilustración: “San Patricio transfórmase en cervo ante o ataque dos druidas no bosque”, pintura do británico Briton Rivière, c. 1877.)




Un día, porén, un mozo malicioso aproveitou que San Froitoso estaba fóra do mosteiro para capturar a cerva mentres pastaba no bosque. Cando o santo regresou e non a viu, preguntou polos monxes, que lle contaron o sucedido. Entristecido, prostrouse en oración e invocou a xustiza divina. O mozo enfermou repentinamente cunha febre mortal, e, comprendendo a súa culpa, acudiu ao santo pedindo perdón. Froitoso, movido pola misericordia, rezou por el e curouno, restituíndolle tanto a saúde do corpo como a da alma.


(Tradución ao galego moderna baseada no texto de Francisco de la Huerta y Vega, 1733.)



---


Vestixios simbólicos


Nos arredores do mosteiro da Armenteira, no petroglifo do Outeiro do Cribo, aparecen gravados con figuras de cervos e un labirinto, quizais lembranza ancestral destes antigos cultos naturais transformados

 máis tarde en tradición cristiá.

Lumes, Bruxas e Milagres: A Maxia do Solsticio de Verán en Poio

Puntos de referencia en onde se encontran os lugares mencionados sobre cultos solares  O solsticio de verán ten en Galicia un arrecendo inco...