“Un culto prehistórico ao cervo? O que nos revelan os petróglifos”
![]() |
| “Representación dun gran cervo astado nun petróglifo de Campo Lameiro” |
Estes petróglifos de carácter zoomórfico (segundo Cifras e imaxes: unha aproximación cuantitativa aos petroglifos galegos) concéntranse principalmente na zona suroeste da actual provincia de Pontevedra. Esta área cultural podería corresponder coa rexión denominada por Plinio o Vello como Eleni. A onomástica hispanorromana conserva testemuños de nomes como Elanus, Elaesus e Elasus, derivados da raíz indoeuropea eln-, elani, que significa “cervo”. Estes topónimos e antropónimos aparecen tamén entre astures e vacceos, con exemplos documentados na área de Álava e no territorio vetón, así como no epíteto dunha divindade galaica (G. López Monteagudo).
As fontes antigas tamén mencionan o cervo branco que os lusitanos —tribo emparentada cos galaicos— ofreceron a Sertorio
“Para Plinio resultou ser Helleni (Helenos, gregos), os que eran Eleni (cf. en galés elain “cerva”) de estirpe celta das costas do sur da Gallaecia (Estudios de Onomástica Gallega, Juan J. Moralejo, Biblioteca Filolóxica Galega | Instituto da Lingua Galega. Callaica Nómina)
![]() |
| “Mapa da Gallaecia deseñado por Tranoy coa posible localización dos Heleni descritos por Plinio” |





Ningún comentario:
Publicar un comentario