sábado, 15 de xuño de 2024

O promontorio do Mosteiro de Poio como santuario de fronteiras





Como indica o título, tentaremos esclarecer a hipótese de que o promontorio onde se ergue o actual mosteiro de Poio puido ser, na antigüidade, un santuario de fronteiras, un lugar neutral entre pequenas tribos locais.
Para desenvolver esta idea, partiremos dun enfoque deconstrutivo, analizando a evolución do espazo desde a Idade do Ferro ata a actualidade.

Nunha análise topográfica obsérvase que o mosteiro se localiza nun outeiro situado entre dous ríos, hoxe coñecidos como o rego da Cancela e o rego do Mouro. Este tipo de espazos eran considerados sagrados desde tempos precristiáns, e moitos deles conservaron o seu carácter simbólico ata hoxe. Trátase de lugares neutrais e liminares, con características topográficas especiais: illotes no medio dun lago ou do mar, confluencias fluviais, ou montes situados entre ríos. Estas formas varían segundo o territorio, pero comparten unha mesma función ritual e simbólica.

Outeiro do Mosteiro de Poio: situación entre dous ríos


(Visor do mapa de Galicia)

Os castros circundantes serían catro:

  • Campañó, ao norte;
  • Sividá (A Renda), ao oeste;
  • Campelo, ao leste;
  • e a illa de Tambo, ao sur.

Estes poboados distan arredor de tres cuartos de hora de camiño respecto ao suposto santuario. Eran asentamentos pequenos, que poderían albergar un centenar de persoas como máximo, e o seu territorio extramuros abranguería uns dous quilómetros cadrados, dedicados ao pastoreo e a pequenas plantacións agrícolas.

Mapa cos territorios aproximados dos castros próximos ao outeiro de Poio


Un dato especialmente significativo é que no outeiro existiu unha “árbore de concello”, documentada na Idade Media co nome de Campo da Tella (Tileiro).
Estes lugares funcionaban como espazos de reunión intertribal, onde se debatían asuntos de interese común: negociacións, pactos, resolución de conflitos ou, ás veces, auténticas trifulcas.
O sitio escollíase pola súa neutralidade e carga simbólica: a árbore representaba a divinidade, e a asemblea celebrábase á súa sombra. Os acordos alcanzados nese contexto tiñan un carácter sacro e xurídico, como sinala Martín Almagro Gorbea.

Territorio medieval fraccionado en sexmas coa capital no centro

 

O esquema territorial medieval mantivo, en parte, esta estrutura simbólica de núcleo central, un modelo que tamén se observa noutras culturas antigas.

A noción de centro cósmico é común tanto no Antigo Oriente Próximo como noutras tradicións do mundo. Nesta imaxinación sagrada, o eixo cósmico adoita representarse como unha árbore estilizada, símbolo do paraíso divino e do embigo da terra (cf. Xénese 2:9, 17; 3:3–7









 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lumes, Bruxas e Milagres: A Maxia do Solsticio de Verán en Poio

Puntos de referencia en onde se encontran os lugares mencionados sobre cultos solares  O solsticio de verán ten en Galicia un arrecendo inco...