luns, 13 de outubro de 2025

OS BRETÓNS EN POIO

 Os monxes cristiáns romano-britóns aplicaron diversas solucións haxiográficas para adaptar o novo dogma relixioso aos elementos pagáns preexistentes das tribos britanas xa convertidas, como por exemplo o culto ás árbores sagradas ou ás barcas de pedra.

Santo bretón na barca de pedra 

Coa invasión anglosaxoa da illa, moitos destes monxes e cristiáns britóns emigraron cara á Armórica (a actual Bretaña), onde continuaron empregando as mesmas estratexias de cristianización sincrética ante unha poboación aínda pouco cristiá.

Flechas en vermello emigración bretoa 


Outros, con todo, dirixíronse á Gallaecia, especialmente ao norte, aínda que moitos accederon por vía marítima, penetrando polas rías galegas —posiblemente tamén pola ría de Pontevedra.

Un dos lugares onde deixaron pegada foi Poio, coa lenda haxiográfica de Santa Trahamunda, na que se identifican elementos cristianizadores bretóns, como o motivo da árbore sagrada e da barca de pedra. A antiga árbore pagá, que probabelmente aínda recibía culto no outeiro de Poio e na illa de Tambo, foi desacralizada e substituída pola palma oriental, símbolo formalmente cristián.

A pedra de San Lourenzo (Meis)


Tamén destaca a lenda da chegada en barca de San Lourenzo, quen amarrou o bote nunha pedra considerada pagá no lugar de San Lourenzo, en Meis. Moitos destes bretóns, acompañados de monxes, poboaron as abas do monte Castrove, en lugares como Bretoña, preto do castro de Curro, conservando así topónimos e tradicións que testemuñan a súa presenza.

A lenda de Santa Trahamunda conten elementos da cristianización bretona


A tella (tileiro) sería substituida pola palma cristiá 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lumes, Bruxas e Milagres: A Maxia do Solsticio de Verán en Poio

Puntos de referencia en onde se encontran os lugares mencionados sobre cultos solares  O solsticio de verán ten en Galicia un arrecendo inco...